Aumentan os problemas de estrés e ansiedade | Primeira conexión directa entre Santiago e Nova York | Borja Iglesias, convocado para a selección |
10/10/2025 00:10:04Xornada de conmemoración, nos hospitais, do día da Saúde Mental, un conxunto de doenzas que afecta actualmente a máis de 70.000 persoas en Galicia. O estrés e a ansiedade son as circunstancias que, segundo os especialistas, máis están a afectar á saude mental dos galegos | Por primeira vez Galicia quedará conectada con Norteamérica en voo directo regular. A compañía United Airlines anuncia unha liña entre Santiago e Nova Iork | RTVE ofrece a posibilidade de seguir en galego o encontro da fase de clasificación do mundial 2026 deste sábado, entre as seleccións de España e Xeorxia | O dianteiro do Celta Borja Iglesias volve á selección española despois de tres anos, cando renunciara para posicionarse en contra do polémico caso de Luis Rubiales | A artista coruñesa Verónica Moar participará no prestixioso premio internacional de cerámica da cidade de Yingdésen, considerada a capital da porcelana Chinesa
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado