Saída da última etapa galega da Volta Ciclista | O PP faise coa alcaldía de Carral cunha moción de Censura | Inditex marca un novo record de beneficio
10/09/2025 00:10:01Sae dende o Barco de Valdeorras a última etapa da Volta Ciclista a España por terras galegas, que ten a meta en Ponferrada. Foron tres xornadas en Galicia condicionadas polas protestas contra o xenocidio en Gaza | Polémica pola actuación das forzas de seguridade nesas protestas. O subdelegado do goberno en Pontevedra defendeuna como profesional e impecable. O presidente da Deputación pídelle sen embargo responsabilidades polo ocorrido | O Partido Popular recupera a alcalía de Carral de mans de Alternativa dos Veciños, o mesmo grupo que perdía hai dúas semanas a alcaldía de Fisterra. A sesión estivo marcada polas protestas de numerosos vecinos | O grupo Inditex gaña cerca de 2.800 milllóns de euros no primeiro semestre fiscal do ano, de febreiro a xullo. Nova cifra récord de beneficios, cun aumento dun 0,8% máis ca o ano anterior | Galicia é a segunda comunidade con maior taxa de suicidios de España e supera tamén a media europea. Hoxe celébrase o día mundial para a prevención do suicidio, que é xa a primeira causa de morte en mozos de entre 15 e 29 anos
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado