Asistencia en residencias e atención ao fogar | Pleno Parlamentario | O novo de Sen Senra
10/06/2025 00:10:04A actividade parlamentaria comezaba cunha xunta de voceiros extraordinaria na que os nacionalistas pretendían forzar explicacións de Rueda no pleno de mañá polo caso de Alfonso Villares. O Partido Popular impediuno e o tema acabou protagonizando a sesión de hoxe | Traballadoras de residencias de maiores privadas e dos servizos de axuda no fogar de toda Galicia mobilizáronse hoxe en Santiago. Piden mellores condicións laborais e salariais para un sector, o dos coidados, especialmente feminizado e precario | As probas de ADN ratifican que os corpos atopados nun coche calcinado en Campo Lameiro corresponden ao propietario e á súa parella | A Xunta vén de autorizar a creación dun centro de recría de vacas de leite con capacidade para máis de 1.200 exemplares. Será un dos negocios deste tipo máis grandes de Galicia e se instalará en Sobrado dos Monxes, provincia da Coruña | O Tribunal Superior de Xustiza ratifica a condena a Jácome por vulnerar o dereito á participación política da oposición no pleno municipal | Celta e Deportivo anuncian fichaxes | O Centro Dramático Galego pasa a formar parte da Unión de Teatros de Europa, unha prestixiosa rede internacional que lle abre a porta a colaborar cun selecto grupo de 25 centros | O músico galego Sen Senra homenaxea á súa familia e aos emigrantes no seu novo disco; un traballo en formato físico, con vinilo e casete incluídos baixo o título do número de matrícula do coche que tiña seu pai, PO 2054 AZ
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado