Telexornal Galicia 2    10-04-2025 - Telexornal - Galicia | Ver
Telexornal - Galicia  Telexornal Galicia 2 10-04-2025

Protestas nos centros de maiores | Restricións de acceso á Illa de Arousa | Peche das unidades pos COVID | Ledicia Costas, premio Barco de Vapor

10/04/2025 00:25:01
Recomendable para todos los públicos
Telexornal - Galicia - Telexornal Galicia 2    10-04-2025 Telexornal - Galicia - Telexornal Galicia 2    10-04-2025
Telexornal Galicia 2 10-04-2025 00:25:01 10/04/2025
Recomendable para todos los públicos Sub
Sinopsis

Protestas por toda Galicia das traballadoras de residencias de maiores públicas e privadas. Denuncian falla de medios materiais e humanos, a psiquiatrización destes centros e malas condicións laborais. En Galicia hai máis de 22.000 prazas para maiores, tres de cada catro, públicas | Os traballadores do SEPE denuncian un colapso no servizo debido á falta de persoal e a un novo programa informático que dificulta os trámites das prestacións como a do desemprego | A partir de agora tódalas localidades de máis de 5000 habitantes deberán dedicar a lo menos un 8% do seu solo á construción de vivenda protexida | Entran en vigor os descontos da AP53 entre Santiago e Dozón. A partir de hoxe os traxectos de volta son gratuítos se se realizan no mesmo día | A DXT prevé dous millóns de desprazamentos en Semana Santa. Mañá comeza o dispositivo especial ata o 21 de abril | A Illa de Arousa pon couto á circulación de vehículos de persoas non residentes. O plan da nova mobilidade está en marcha, de momento en probas | Prohibidas as queimas particulares a partir de hoxe ata novo aviso | O Sergas pecha as unidades de atención os doentes de COVID persistente. A medida afecta a unhas 77.000 persoas en Galicia que tras padecer a enfermidade sofren síntomas de diversa índole que precisan de equipos pluridisciplinares. Serán atendidos como doentes crónicos | Segundo desprendemento dun teito no hospital de Ourense nunha semana | Os médicos forenses de Galicia reclaman gardas dun máximo de 24 horas, como as que teñen no resto do Estado español. Arestora as súas son de 168 horas, unha semana completa | Mulleres musulmás galegas denuncian a discriminación que viven na contorna | ‘Feriópolis' é o nome da cidade gobernada por nenos no último libro de Ledicia Costas. Con el, a escritora suma o premio Barco de Vapor, un dos galardóns de literatura infantil máis importante da fala hispana. Na nova obra aborda aspectos de fondo social

Ficha técnica
Dirigido por
Xan Touceda, Lois Docampo
Géneros
Información y actualidad
Idiomas
Castellano
Accesibilidad
Subtitulado