Incendio nun centro comercial en Santiago | Trens cancelados pola folga que mantén a CGT | O conselleiro anuncia unha remodelacion da Atención...
10/02/2026 00:10:07Un incendio orixinado na azotea do centro comercial As Cancelas de Santiago obriga a a desaloxar todo o complexo | CGT, Alferro e Sindicato Ferroviario continúan con folga de trens, desconvocada polos sindicatos maioritarios tralo acordo co Ministerio. Vaise restablecendo a normalidade no servizo, anque os viaxeiros volveron a encontrarse con atrasos e cancelacións | O conselleiro de Sanidade anuncia unha reforma profunda da Atención primaria nos próximos meses e situa a orixe dos problemas nese servizo no deficit de médicos, unha competencia que atribue en exclusiva ao goberno central | Aparte do temporal costeiro, as precipitacións máis intensas están previstas hoxe no interior da provincia de Pontevedra, onde a Xunta mantén activada a alerta laranxa | Espectación polo debut na gala desta noite e nesta mesma canle de TVE, de Kennet, o artista de Carballo, un dos favoritos no Benidorm FEst co seu tema "Los ojos no mienten".
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado