Galicia xestionará o litoral | Incumprimento da lei antitabaco nos hospitais | Técnica de engorde da ameixa | Documental sobre as cantareiras
09/04/2025 00:25:03Galicia adquire as competencias sobre o litoral. Había 17 anos, dende o goberno do bipartito, que a nosa comunidade non asumía novos poderes. Un traspaso logo de dous anos de negociacións e unha confrontación entre a administración do Estado e a autonómica pola Lei do litoral, resolta polo Tribunal Constitucional a favor da Xunta | Rueda solicita que o Parlamento convoque o debate do Estado da autonomía despois de Semana Santa para un debate amplio sobre os modelos de sanidade e industria para Galicia | Rematado o búnker de protonterapia que empezará a funcionar despois do verán | A asociación ‘Non Fumadores’ denuncia incumprimentos da lei antitabaco incluso en lugares especialmente sensibles coma os arredores dos hospitais | A Fiscalía pide máis de quince anos de cárcere para dous homes acusados de agredir sexualmente a unha muller nun piso en Vigo | Investígase a desaparición dunha viguesa de 41 anos, protexida por unha orde de afastamento daá súa ex-parella | A Audiencia de Pontevedra ordena reabrir o caso do accidente do Marisquiño | A CIG esixe un plan galego de recuperación económica e social | En Sargadelos todos os traballadores volveron aos seus postos na fábrica de cerámica de Cervo | Abril é o momento de preparar os xardíns e nos viveiros dispáranse as vendas. Galicia é unha potencia na produción de flor e planta ornamental, un sector que factura 82 millóns de euros anuais | A Illa de Arousa autorizada para colgar 12 mallas de engorde de ameixas no espigón do porto do Xufre. Un proxecto piloto da confraría obtivo moi bos resultados | O Tribunal superior de Xustiza de Galicia rexeita a paralización cautelar da ampliación da balsa de barros vermellos de Alcoa en Xove | Goleada da selección española feminina de fútbol a Portugal. Gañou por sete a un en Balaídos | A Real Academia Galega estrea "Se canto é porque quero", unha serie documental dedicada ao mundo das Cantareiras
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado