Acordo da UE co Mercosur, con protesta en Ourense | Polémica pola reforma d o financiamento autonómico | Prohibición de Bebidas enerxéticas
09/01/2026 00:10:05Agricultores e gandeiros amplían a súa protesta en Ourense, no día no que os países da Unión Europa dan a súa aprobación ao acordo co Mercosur. Supón a creación da zona de libre comercio máis grande do mundo. España atópase entre o países que votaron a favor | O Ministerio de Facenda presenta unha proposta de reforma do sistema de financiamento autonomico que pretende ofrecer, di, máis recursos ás comunidades. O goberno galego rexeita este novo modelo, que vincula ao acordo para a financiación singular de Cataluña | Xa coñecemos a data na que entrará en vigor a lei que prohibe vapear e consumir bebidas enerxéticas aos menores de idade. Será o 7 de marzo. Nos supermercados e comercios prepáranse xa para pedir os DNIs. As multas aos que incumpran a norma poden chegar aos 15.000 euros | Galicia esquivou a borrasca Goretti que se sitúa agora sobre Francia onde si se prevén efectos adversos. Por aquí pasou sen máis incidencias que un temporal de inverno
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado