Volta ao cole con 4.000 alumnos menos | En liberdade os detidos contra a presencia de Israel na volta ciclista | As Meninas volven ao barrio de Canido
08/09/2025 00:10:03Xornada de volta ao cole en tódalas etapas educativas, dende infantil á secundaria. Son máis de 300 mil alumnos, case 4.000 menos ca o curso pasado, debido á caída da natalidade. A Xunta fala, en cambio, de récord no número de profesores, máis de 31.000 | Xornada de descanso na Volta despois da accidentada entrada en terras galegas polas protestas contra a presenza dun equipo israelí no pelotón. Houbo un ciclista ferido, Javi Romo e dez persoas detidas en Morforte e O Corgo por desorde pública que xa foron postas en liberdade | Estabilizado o incendio en Casaio, Carballeda de Valdeorras. Un lume que se producía na zona oriental de Ourense, unha das máis afectadas polo vaga incendios de agosto | As piragüistas galegas Tania Álvarez e Tania Fernández proclamáronse campioas na modalidade de K2 no Mundial que se celebrou en Hungría. Foi unha carreira emocionante porque conseguiron impoñerse por só 89 décimas as rivais húngaras en vintecinco kilómetros e medio de percorrido | As Meninas volveron encher o barrio ferrolán de Canido esta fin de semana. Xa son máis de 1.000 as imaxes creadas por máis de 700 artistas, nun certame que foi concebido hai 17 anos para revitalizar unha paisaxe urbana degradada a través da recreación da icónica obra de Velazquez
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado