Desbloqueo en Sargadelos | Alarma no sector da cantería | Jennifer López actuará en Pontevedra
08/04/2025 00:25:04Prisión provisional comunicada e sen fianza para o detido polo crime do Bolo. O marido da vítima enfróntase aos delitos de homicidio e maltrato habitual con agravante de parentesco. Autoridades e expertos insisten na necesidade de denunciar | O Partido Popular rexeita en solitario facer pública a totalidade das listas de espera sanitarias en Galicia como pide o BNG co apoio do Partido Socialista e Democracia Ourensana | O Plan Estratéxico da Xuventude contempla 133 medidas para os vindeiros 3 anos | Sargadelos máis preto de retomar a actividade en Cervo. A Consellería de Emprego comprométese a apoiar á empresa en caso de ter que levar a cabo obras nas instalacións declaradas Ben de Interese Cultural. Non se concretan datas ni medidas | Galicia produce a metade da pedra que se extrae en España. O sector acusa unha baixada da demanda de aproximadamente un 10 por cento. | Concentración nos xulgados de Santiago de afectadas polo anticonceptivo Essure, un método que ocasionou graves efectos secundarios a un millón de mulleres en todo o mundo | Premios Stephen Hawking do Instituto Rosalía de Castro de Santiago. Este ano, a madriña é a investigadora Marisol Soengas | A selección feminina de fútbol busca repetir esta tarde en Balaídos a vitoria do pasado venres ante Portugal. Defende o título da Liga de Nacións. Na alineación figuran nove das gañadoras da última Copa do Mundo | Teresa Portela renuncia a presentarse ao selectivo nacional. Os novos requirimentos da Real Federación Española obrigaríanlle a vivir en Sevilla. Tamén critica que leva sen adestrador dende outubro | Museos e bibliotecas tiran do moderado aumento da actividade cultural en 2024 segundo o barómetro do Consello da Cultura | Jennifer López comezará a súa xira por España en Pontevedra. Será o martes 8 de xullo no parque de Tafisa. Presentará o seu último traballo "Up all night". As redes sociais ferven cos fans da cantante que leva máis de 80 millóns de discos vendidos ao longo da súa carreira
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado