Telexornal Galicia 2 08-01-2026 - Telexornal - Galicia | Ver
Telexornal - Galicia  Telexornal Galicia 2 08-01-2026

A borrasca Goretti pon a costa norte en alerta | Baixa a incidencia da Gripe, con máis hospitalizacións | Inaugrado o Museo Diocesano de Santiago

08/01/2026 00:10:04
Recomendable para todos los públicos
Telexornal - Galicia - Telexornal Galicia 2 08-01-2026 Telexornal - Galicia - Telexornal Galicia 2 08-01-2026
Telexornal Galicia 2 08-01-2026 00:10:04 08/01/2026
Recomendable para todos los públicos Sub
Sinopsis

Tras uns días moi fríos chega agora esa borrasca que mudará en cicloxénese explosiva. Nomeada Goretti polos servizos meteorolóxicos franceses, deixará choivas e vento tamén en terra, e no mar na costa norte está activado o aviso laranxa | A consellería de sanidade dá por superado o pico da gripe. Pero pide manter as medidas de prevención ante o aumento de ingresos de persoas maiores, ata ver como inflúen as festas e reunións do nadal na circulación do virus, fronte ao que se vacinaron nesta campaña máis de 876 mil persoas | Galicia lidera o ranking de matriculacións en escolas infantís. Preto do 65% dos nenos de cero a tres anos están escolarizados, o que supón un 15% máis que a media nacional | O Arcebispado e a Fundación Catedral de Santiago impulsan a creación do Museo Diocesano. Unha instalación que se inaugurou hoxe e que velará pola xestión, conservación e difusión do patrimonio cultural da Igrexa compostelá. Localizáse no mosteiro de San Martiño Pinario.

Ficha técnica
Dirigido por
Xan Touceda, Lois Docampo
Géneros
Información y actualidad
Idiomas
Castellano
Accesibilidad
Subtitulado