Abre Conxemar en Vigo | Reciclaxe de aparellos electrónicos | Mulleres e vulnerabilidade | Candidatura da Ribeira Sacra a patrimonio da humanidade
07/10/2025 00:10:03Medrar mantendo a calidade e a sostibilidade. É o desafío do sector dos produtos do mar conxelados. Conxemar, a gran feira europea das empresas deste sector abre as súas portas en Vigo, con case 800 expositores de 46 países | Galicia recicla cada ano unhas 15.000 toneladas de electrodomésticos e aparellos electrónicos. Máis de 300 expertos e xestores deste proceso reúnense na Coruña co obxectivo de incentivar a reciclaxe e mellorar a recuperación de materiais | As mulleres con discapacidade, xitanas ou inmigrantes sofren discriminación interseccional. É dicir, crúzanse varios motivos de discriminación creando unha forma única de vulnerabilidade e multiplicando os obstáculos para exercer os seus dereitos | Un técnico do Icomos, o organismo asociado a UNESCO que avaliará a candidatura da Ribeira Sacra a patrimonio da Humanidade, visita estes días este territorio entre Lugo e Ourense. A inspección in situ busca contrastar os elementos do expediente sobre o que a UNESCO decidirá o ano que ven tras a retirada da candidatura de hai catro anos
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado