Telexornal Galicia 2    07-04-2025 - Telexornal - Galicia | Ver
Telexornal - Galicia  Telexornal Galicia 2 07-04-2025

Reaccións á manifestación a prol da sanidade pública | Foro sobre abusos a menores | A selección feminina en Balaídos

07/04/2025 00:25:01
Recomendable para todos los públicos
Telexornal - Galicia - Telexornal Galicia 2    07-04-2025 Telexornal - Galicia - Telexornal Galicia 2    07-04-2025
Telexornal Galicia 2 07-04-2025 00:25:01 07/04/2025
Recomendable para todos los públicos Sub
Sinopsis

Minutos de silencio por Josefa, primeira muller morta pola violencia de xénero este ano en Galicia. Non figuraba no sistema de protección de vítimas de violencia de xénero, o vioxén. No cuartel do Barco de Valdeorras está detido en relación co crime o seu home. É a vítima 73 da violencia de xénero en Galicia dende que hai rexistros | Alfonso Rueda di que a manifestación a prol da sanidade pública está moi politizada e a oposición acúsalle de non escoitar á xente e apóiase en datos | Santiago acolle un foro de profesionais para prevenir e detectar casos de abusos sexuais na infancia coincidindo coa detención en Ribeira dun home acusado de distribiur pornografía infantil | Doce anos e medio de prisión para a muller que matou a Leticia Sanabria en Valdeorras hai catro anos. O xurado popular considera probado que a asfixiou co agravante de abuso de superioridade | Sindicatos solicitan una reunión urxente con Inspección de Traballo para abordar a situación da fábrica de Sargadelos de Cervo. Por carto día os traballadores non puideron traballar no que é un peche irregular | Campaña da DGT de control de velocidade en Galicia nos días previos á Semana Santa | Das 21 persoas que morreron afogadas en España en marzo, oito perderon a vida en Galicia. É o cuarto peor inicio de ano dende que hai estadísticas | Triunfo do fútbol galego a fin de semana. O Celta celebra a permanencia virtual, mentres o Dépor acurta distancia para p playoff de ascenso. Pendentes este serán do Racing de Ferrol en Elche. En Balaídos hoxe, adestramento das xogadoras da selección cara ao partido da Liga das Nacións mañá contra Portugal | Sabela Cereijo presentará en formato acústico o seu terceiro disco "Todo lo que te no te dije"

Ficha técnica
Géneros
Información y actualidad
Idiomas
Castellano
Accesibilidad
Subtitulado