Alfonso Rueda reúnese en Arxentina co Executivo de Milei | Problemas coa auga potable en Muxía | Últimas celebracións de entroido
07/03/2025 00:24:14O presidente da Xunta está de viaxe en Arxentina. Alfonso Rueda reuniuse co xefe de gabinete de Milei para falar do programa ‘Retorna’ | Uns 348.000 pacientes están en lista de agarda entre as sete áreas sanitarias galegas. En cirurxía, aínda que o tempo medio de espera mellora, entre as consultas e probas diagnósticas aínda é de case 70 días | Moción de censura en Viveiro, o terceiro concello con máis poboación da provincia de Lugo. O PP volve gobernar co apoio dos independentes de Por Viveiro, desprazando así ao bipartito de PSoe e BNG | Nalgunhas parroquias do concello coruñés de Muxía levan varíos días sen agua potable. Os veciños non poden nin consumila nin usala para cociñar e, nalgunhas casas, incluso, se cortou o subministro. O problema vén dunha vertedura de augas fecais no Río Negro | Maña é 8 de marzo, Día Internacional da Muller. Hai programados actos para reinvidicar a igualdade entre homes e mulleres por toda Galicia | Esta fin de semana aínda se poden gozar festas de entroido . Coma no concello de Paderne, na aldea de Samede. Un carnaval que se perdeu no ano 60 e que os veciños do lugar recuperaron para devolverlle ós seus antergos un anaquiño da súa historia
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano