Protesta en Ourense contra o acordo da UE co Mercosur | Empezan as rebaixas, con folga na Coruña | Nadal branco nas montañas orientais de Lugo
07/01/2026 00:10:03Gandeiros e agricultores intensifican a sua protesta en Ourense, logo de dez días de mobilización, co bloqueo durante unhas horas do acceso á subdelegación do goberno. Piden que non se ratifique o acordo comercial da Unión Europea con Mercosur por considerar que supón unha competencia desleal polo acceso de produtos sen cumplir os estrictos controis comunitarios | Primeiro día tralas festas de nadal, no que os consumidores atopan moitos establecementos pechados na provincia da Coruña pola folga do sector textil | O Deportivo coñece xa o seu rival nos oitavos de final de Copa do Rei. Será o Atlético de Madrid. A eliminatoria xogarase, a partido único, en Riazor a semana que vén | As montañas de Lugo están novamente cubertas de neve. Lugares como o Cebreiro están a vivir un Nadal branco, como non se vía desde hai anos
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado