Chegan os deportados da Flotilla dende Israel | Piden o abandono definitivo do proxecto de Altri | O BNG pide a transferencia dos tres aeroportos
06/10/2025 00:10:02Chega o primeiro grupo de españois deportados dende Israel, entre eles o lucense Manu López, patrón dun dos barcos da flotilla interceptada cando intentaba achegar axuda humanitaria a Gaza | Avanza a catalogación dos bens de Interese Cultural da costa. Tras recibir as competencias en xestión do litoral, hoxe o consello da Xunta aprobou someter a información pública un novo catalogo que especifica que usos se lle poderán dar aos 1.600 bens patrimoniais xa rexistrados | O Bng levará ao Parlamento a petición da transferencia dos tres aeroportos galegos de interese xeral. A líder nacionalista indicou que a problemática dos últimos recortes de voos vai máis alá dun grupo de traballo | Os grupos contrarios á planta de Altri en Palas de Rei aumentan a presión para que a mulitinacional renuncie definitivamente ao proxecto. Din que quedar fóra da planificación eléctrica do Ministerio de Transición Ecolóxica, é un punto de inflexión que debe levar á Xunta a denegarlle a tramitación. 06-10-2025
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado