Rueda na Conferencia de Presidentes | Patrullas veciñais | Santiago, parada de celebridades
06/06/2025 00:10:03Rueda pide a convocatoria de eleccións xerais adiantadas na Conferencia de Presidentes. Primeiro dunha comunidade gobernada polo PP en tomar a palabra, saudou en galego e continuou o seu discurso en castelán | Informacións periodísticas apuntan á inxección de diñeiro a Povisa por parte da Xunta, como denuncia a CIG, con opacidade. Tería ocorrido durante a negociación da nova concesión asinada. O montante superaría os 20 millóns de euros á marxe do previsto no convenio | | Os catro detidos na liorta de Pontevedra pasan a disposición xudicial. A policía busca ao quinto participante identificado | Patrullas veciñais en Ourense para tratar de facer máis seguros os seus barrios. O SUP desaconsella tales iniciativas e demanda medidas | Queixas porque a illa de San Simón acollerá o domingo un evento de bachata. Piden á Xunta que o impida | Castelao, Lorca ou Eva Perón en Santiago... Coñecer as cidades polas súas personaxes relevantes é un novo xeito de facer turismo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado