Tensión política polo reparto de menores migrantes | Premio ás empresas con boas prácticas co galego | As prioridades do Sergas | Virxilio Inédito
06/05/2025 00:10:04O Goberno Central mantén o seu criterio de reparto de menores inmigrantes non acompañados entre as comunidades autónomas, tras non chegar a acordos na comisión sectorial | As empresas que desenvolvan boas prácticas co idioma galego recibirán un selo de recoñecemento e máis puntuacións en contratos e axudas públicas. Unha medida do goberno anunciada no Parlamento | O Servicio Galego de Saúde sinala como tarefas prioritarias para este ano mellorar a atención primaria, pór en marcha un novo plan de saúde mental e avaliar a repercusión desas actuacións na calidade de vida dos pacientes. Son medidas consensuadas coas xerencias das sete áreas sanitarias | Virxilio está considerado un dos mellores artistas galegos do século pasado. Co gallo do centenario do seu nacemento, una mostra de Ourense descóbrenos o artista abstracto, a súa faceta máis íntima e descoñecida
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado