Parabéns da Xunta ao Estado pola xestión do apagamento | Detencións por presunto maltrato machista | Burela, de novo Copa do Raíña
05/05/2025 00:10:02Alfonso Rueda volve eloxiar e agradecer ao goberno do Estado a súa actuación durante o apagamento. No consello de hoxe, o goberno galego tamén aprobou o Pladiga e a elaboración dun censo de persoas que sofren soidade non desexada. Nacionalistas e socialistas pregúntanse como Galicia, produtor de enerxía eléctrica, foi dos últimos territorios en normalizar o subministro eléctrico e esixen explicacións á Xunta | Nova protesta no río Ulla contra Altri e a Mina de Touro | Dúas detencións por presuntos casos de violencia machista. Galicia é a comunidade coa segunda taxa máis alta de mortes por violencia machista | As universidades galegas reforzan os dobres graos de cara ao próximo curso. Haberá catro novas titulacións mixtas | Obrigan a un banco a devolver 7.800 euros a un cliente de Vigo que sufriu unha ciberestafa. O cliente clicara nun enlace dunha mensaxe fraudulenta, o que se coñece como "smishing", tralo que lle roubaron os cartos da súa conta | O Burela de fútbol sala feminino ergue a súa sétima copa da Raíña | Alfonso Galván no MARCO de Vigo. Cadros da natureza recreada na imaxinación cos que o artista madrileño conta historias provocadoras que son mentira, pero parecen verdade
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado