162 millóns para reparar as estradas danadas polos temporais | Fracasa a negociación da folga de médicos de primaria | Viveiro volve ter cine
05/03/2026 00:10:02Arranca, en puntos coma este, en Ordes, o Plan extraordinario para reparar as estradas, especialmente danadas tralos últimos temporais, cun investimento de 162 millóns de euros | Fracaso total da reunión entre Omega e o Sergas para intentar chegar a un acordo que desconvoque a folga de médicos de atención primaria |As mulleres seguen a cargar coa maior parte do peso do traballo doméstico. Sobre este asunto reflexiona un proxecto inclusivo dunha asociación viguesa formada por persoas con diversidade funcional. Hoxe achegaron a súa proposta a escolares de Bueu | Viveiro, na Mariña de Lugo quedou sen cine a comezos deste ano. Os amantes da sétima arte tiñan que desprazarse máis dunha hora en coche para gozar da pantalla grande. A pesar das dificultades que supón manter un cine lonxe das cidades, un grupo de mozos van reabrir as salas a partir de mañá coa idea de ofrecer cine e tamén actividades culturais
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado