Nova agresión contra persoal sanitario | As mulleres do rural reclaman un estatuto | Marín prepárase para o Campionato de España de Marcha
05/03/2025 00:25:02Seis enfermeiras e un garda de seguridade resultaron feridos leves nun novo episodio de violencia no CHUAC. Nesta ocasión tivo lugar no servizo de neuroloxía. O persoal queixa de falta de seguridade un mes despois dunha agresión en urxencias no que un traballador quedou ferido de gravidade | Marcha de 21 km para denunciar a ‘psiquiatrización’ dos centros de maiores. Os traballadores dunha residencia de Santiago visibilizan así a súa denuncia de falla de medios, persoal e formación, para atender a usuarios con enfermidades mentais | José Ramón Gómez Besteiro confirma que repite candidatura á Xunta de Galicia. O PSdeG debaterá a folla de ruta no Congreso da vindeira fin de semana. Está previsto que Pedro Sánchez peche o encontro | Aberta a convocatoria para solicitar as axudas das PAC. Inclúen liñas para criadores de razas autóctonas e para explotacións ecolóxicas |As mulleres do rural reclaman un estatuto propio para combater as discriminacións por xénero. Aseguran que no seu eido se agravan e que sofren discriminacións específicas a maiores. Reclaman que a medida inclúa orzamento e ferramentas concretas | Folga indefinda dos inspectores de pesca. Reclaman o recoñecemento dos horarios especiais que realizan as vintecatro horas do día sete días á semana | Xornada de paro en Correos para rexeitar o convenio e denunciar redución de persoal encuberta | Últimos actos do entroido 2025. A meirande parte das festas pechan este serán con enterro da sardiña | Antía e Daniel chamosa prepáranse para o Campionato de España de Marcha en Ruta que terá lugar o vindeiro domingo en Verín. Os Pontevedreses apuntan ao Campionato de Europa e ao Mundial.
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano