Os percebeiros volven mariscar, con queixas polo exceso de trámites | Sogama contará cunha planta reciclaxe téxtil | Mural en Xinzo polo Entroido
05/02/2025 00:25:01Os percebeiros de Muxía volven mariscar despois poder saír ao mar apenas tres veces no último mes, polas condicións meteorolóxicas. Quéixanse dun exceso de trámites burocráticos, que mesmo está a influir, din, na falta de remuda xeracional, nun sector, que só no último ano facturou máis de 21 millóns de euros | A Xunta presenta o proxecto dunha primeira planta para clasificación e reciclaxe de residuos téxtiles, nas instalacións de Sogama, en Cerceda. Tratará as prendas de roupa que os concellos empezarán a recoller en contedores separados | A piques de chegar o Entroido, época de maior demanda de grelos, a produción segue á baixa. Os cambios na climatoloxía e a xubilación de moitos produtores contribuen á merma na superficie dedicada a un dos produtos emblemáticos da gastronomía galega | Un mural xigante de case cincocentos metros cadrados renderá homenaxe á pantalla, figura principal do Entroido de Xinzo de Limia, o máis longo de Europa. Un deseño de gran complexidade entroutras cousas porque está cheo de detalles garabateados|
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado