Exames das PAU| Incendio de Laxe | Liorta grupal con feridos | Galicia Escena PRO
04/06/2025 00:10:04Críticas polo exame de Bioloxía nas PAU con queixas mesmo dende o profesorado. A segunda xornada transcorre con menos nervios pero máis esgotamento | A Policía analiza as imaxes dunha liorta en Pontevedra que se saldou con 3 feridos por arma branca e catro detidos. A colaboración cidadá permitiu localizar axiña a arma, un coitelo de cociña que estaba nunha xardineira da praza. As forzas de seguridade piden máis efectivos e unha abordaxe especial para este tipo de situacións | Chamamento en Laxe para dar aloxamento ás familias que perderon a súa vivenda no incendio da fin de semana | O apagamento aumentou o interese nas comunidades enerxéticas... As primeiras creáronse buscando o aforro e contan tamén con outro tipo de beneficios para incentivalas. Arestora hai 36 en Galicia | Obradoiros de cine e música para completar a terapia das enfermidades mentais | A Xunta pretende comprar o edificio que contén os frescos de Lugrís | MJ Pérez lanza o sinxelo 'Perdín a memoria', unha explosión de liberdade emocional adianto do seu novo disco
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado