Telexornal Galicia 2    04-02-2025 - Telexornal - Galicia | Ver
Telexornal - Galicia  Telexornal Galicia 2 04-02-2025

Protesta contra a agresión en Urxencias do CHUAC | O paro sube un 2´1% en xaneiro | Manuel Outumuro leva as grandes actrices ao seu pobo natal

04/02/2025 00:25:00
Recomendable para todos los públicos
Telexornal - Galicia - Telexornal Galicia 2    04-02-2025 Telexornal - Galicia - Telexornal Galicia 2    04-02-2025
Telexornal Galicia 2 04-02-2025 00:25:00 04/02/2025
Recomendable para todos los públicos Sub
Sinopsis

Protesta dos traballadores do CHUAC, na Coruña, trala agresión sufrida no servizo de Urxencias, na que un enfermeiro e un vixiante de seguridade resultaron feridos por arma branca. O agresor é un doente con problemas psiquiátricos que portaba un coitelo. O persoal sanitario asegura estas situacións son frecuentes e reclaman máis recursos, humanos e materiais, e revisar os protocolos | O paro sobe en Galicia un 2,1 % en xaneiro, como é habitual no primeiro mes do ano, ao rematar as contratacións de Nadal, ainda que porcentaxe superior á media do conxunto de España. As persoas sen emprego suman 121 mil e as afiliacions a Seguridade Social redúcense nun 1,16 % na nosa comunidade | Os veciños da parroquia de Bembrive, en Vigo, intensifican as protestas contra o proxecto de ampliación da Autovía de Vigo a Porriño a través dun túnel. Un treito de 10 quilómetros, cun custo previsto de 390 millóns de euros, que suporá, din, a expropiación de máis de 20 vivendas, e a ruptura do barrio en dous | O fotógrafo Manuel Outumuro escolle a súa vila natal da Merca, en Ourense, para montar a súa exposición máis persoal. Unha escolma dos retratos que fixo a grandes actrices para revistas, carteis de cine e para promocionar películas. Exhibidos en espazos ao aire libre como canastros, muros ou casas abandonadas|

Ficha técnica
Dirigido por
Xan Touceda, Lois Docampo
Géneros
Información y actualidad
Idiomas
Castellano
Accesibilidad
Subtitulado