O marisqueo confía en salvar a campaña de Nadal | Inditex declara un novo record de beneficio | Cita para Vacinar da gripe a menores de 11 anos
03/12/2025 00:10:03Os bancos marisqueiros recuperan parcialmente a actividade, tralo peche pola toxina, O sector confía en salvar a campaña de Nadal, a máis importante do ano | A alarma pola peste porcina africana leva a Xunta e as organizacións do sector a anunciar unha fronte común. Nunha xuntanza en San Caetano, ambas partes coinciden en reclamar que se intensifique a emerxencia cinexética | O grupo Inditex rexistra un beneficio neto de 4.622 millóns de euros nos nove primeiros meses do exercicio fiscal. É un novo récord para a compañía e supón case un catro por cento máis que o ano anterior | A Consellería de Sanidade fai un novo chamamento especial á vacinación contra a gripe, neste caso dirixida a 33.000 menores, entre seis meses e once anos, que serán citados esta fin de semana nos recintos hospitalarios | Desfeita, foliada, loia, lume, retrinco e xenocidio. Son as seis finalistas para ser elexidas palabra do Ano 2025
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado