Aberta ao tráfico o treito de autovía de Melide a Palas | I Polémica polo aval de Augas de Galicia ao proxecto de Altri | Tres detidos por propaganda...
03/02/2025 00:25:01Abertos ao tráfico os 12 quilómetros de autovía que unen Melide e Palas de Rei. Forman parte da A-54, de Santiago a Lugo, unha infraestrutura proxectada hai xa tres décadas, O ministro Óscar Puente anuncia o remate dentro deste ano | Polémica entre as forzas políticas ao coñecerse o informe de Augas de Galicia que considera que o proxecto de Altri en Palas de Rei cumpre con todas normativas medioambientais. O presidente da Xunta defende o traballo dos técnicos, mentres o BNG considera que é un caso de corrupción | Detidas en Pontevedra tres persoas por apoloxía do terrorismo xihadista. Ocurreu hai uns días no marco dunha operación con outros catro detidos en Madrid. A nova coñeceuse hoxe, cando a Audiencia Nacional enviou ao cárcere a un dos detidos en Galicia. Os investigados utilizaban as redes sociais e plataformas multimedia pras súas mensaxes | Un buque terá que permanecer no porto de Vigo ata que cheguen técnicos especializados que aseguren á súa mercancía. No seu interior hai obuses. Durante a borrasca Eowin quedaron danados algúns dos contedores. Aínda que a materia é explosiva a Autoridade Portuaria asegura que non hai risco para a poboación. O mercante diríxese a Alemaña procedente de Xordania |
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado