Volven as feiras de gando, con prezos record | A Xunta admite a posible creación de facultades de medicina | As estatuas do Mestre Mateo, en Santiago
02/12/2025 00:10:03Reapertura da feira de Silleda, tralas restriccións pola dermatose nodular. Gandeiros e tratantes recoñecen que o prezo da carne está cada vez máis alto, con categorías como os becerros carniceiros que se pagaron ao prezo record de 1.800 euros | A Xunta advirte que a falta de acordo para a descentralización da Facultade de Medicina de Santiago pode dar pé a reclamación de novas facultades na Coruña e Vigo. En todo caso, di que a oferta total de prazas non subirá das 400 actuais | O número de parados en Galicia baixou no mes de novembro respecto ao mes anterior en 1.800 persoas desempregadas menos. Tamén descendeu o número de afiliados á Seguridade Social | Os profetas Abraham e Isaac, esculpidos en pedra polo Mestre Mateo, volven a Santiago dende Meirás, en Sada a onde as levara Carmen Polo, a muller de Franco, hai 70 anos.
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado