O pazo de Meirás, declarado Lugar de Memoria Democrática | O paro en agosto | Xunta e alcaldes preparan a recuperación tralos incendios
02/09/2025 00:10:03O pazo de Meirás, declarado Lugar de Memoria Democrática. Foi residencia de verán de Franco e centro de poder do franquismo entre finais da guerra civil e 1975. A declaración vai promover a súa publicidade e coñecemento | Hoxe coñecemos o dato do desemprego en agosto, que habitualmente aumenta polo remate dos contratos do verán. En relación a xullo, a cifra de parados rexistrados subiu en algo máis de 1.800. Pero se o comparamos con agosto do ano pasado, o número de desempregados descendeu en case 9.000 | Reunión da Xunta cos alcaldes dos municipios afectados pola vaga de incendios. Desde os concellos piden non perder tempo para reparar os efectos dos lumes. A Xunta comprométese a axilizar os trámites para a recuperación e a adiantar o posible as axudas aos afectados
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado