A taxa turística chega a Santiago | Evencio Ferreiro renuncia a alcaldía de Carballo | Convenio contra a sinistralidade labora na Construcción |
01/10/2025 00:10:02A Taxa turística chega a cidade de Santiago, con queixas do sector, que non conseguíu frear a normativa pola vía xudicial. Entre os turistas, na rúa, as opinións están divididas | O alcalde de Carballo, Evencio Ferreiro, do BNG, anuncia a sua marcha, despois de máis de 20 anos no cargo. Di que quere ser un militante de base e un cidadán máis. Será substituído polo actual deputado da formación nacionalista Daniel Pérez López | A Fundación laboral da construción asinou hoxe un convenio coa consellería de emprego, dotado con 200 mil euros, para por en marcha Unha iniciativa pioneira. Trátase dun equipo técnico que percorrerá Galicia para detectar deficiencias e ofrecer solucións axeitadas a pé de obra| No día internacional das persoas maiores, distintos actos reivindicativos advirten contra a discriminación por idade | A Fábrica, en Oleiros, acolle estes días unha exposición feita con debuxos de nenos e nenas de Gaza. Está a dar a volta ó mundo porque quere servir de plataforma para dar visibilidade ós máis silenciados. A visión da barbarie dende a perspectiva das crianzas
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado