Paro biolóxico na ría de Ferrol | Protestas polo estado do CHOU | Días das Artes Galegas: Isaac Díaz Pardo
01/04/2025 00:25:01Entran en vigor os cambios na xubilación activa, que permite compaxinar pensión e traballo | A economía galega creceu case un 3% co tirón das exportacións | Alcoa e a empresa enerxética Ignis formalizan o acordo de asociación para impulsar a fábrica de Alcoa en San Cibrao | As confrarías de Ferrol, Barallobre e Mugardos acordan deixar de recoller marisco na ría ferrolá para tentar unha recuperación dos recursos mariños. Será un paro de tres meses | Un cento de xacementos arqueolóxicos da provincia de Lugo están en risco por causa de labores forestais | A folga minoritaria de RENFE deixa máis de 500 viaxeiros en terra | Protestas diante do Hospital de Ourense polo estado do materno infantil, con tres desprendementos de falsos teitos en dous anos | O pleno do parlamento abordará os problemas do sistema sanitario galego | 20 persoas sentan no banco por unha problemática social; a dificultade de acceso a unha vivenda e a exclusión. Están acusadas por ocupar o edificio de Vigo que se incendiou hai dous anos falecendo unha nai e tres dos seus fillos. Entre os acusados está o propio viuvo e pai das vítimas | O xurado popular declara culpable da norte de Leticia Sabria á súa compañeira de piso | O Celta deixa escapar dous puntos en Balaídos | Isaac Díaz Pardo é o homenaxeado no Día das Artes Galegas. Figura clave para entender a nosa arte contemporánea, fundou o Laboratorio de Formas de Galicia, base para o renacemento da cerámica de Sargadelos
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado