Incendio en Pantón con nivel 2 de perigosidade | Lectura en Ourense dos nomes dos 20.000 nenos mortos en Gaza | Cen despidos pola marcha de Ryanair
19/09/2025 00:24:21A néboa dificulta o traballo dos medios que loitan contra o lume en Ferreira de Pantón. Segue activo o nivel dous de perigosidade. Un brigadista foi atendido por inhalación de fume. Xa se queimaron máis de cen hectáreas e houbo que cortar a vía ferrea entre Lugo e Ourense e a interrumpir o tráfico por estrada | Xornada hoxe de actos en solidariedade co pobo palestino. En Ourense, lectura dos nomes dos cerca de 20.000 nenos contabilizados como vítimas mortais do exército israelí | Empregados da compañía que presta servizo a Ryanair en Santiago piden apoio da Xunta e o Goberno Central, tras a notificación dun ERE que supón o despedimento de cen traballadores. Outros 135 empregados como persoal de cabina serán reubicados noutros destinos | Actividades no rural, Cooperativas sociais ou fórmulas empresariais baseadas na intelixencia artificial. Son as propostas innovadoras que ofrece a feira Pont Up Store, o escaparate dos emprendedores galegos que abre as súas portas en Pontevedra
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado