Telexornal Galicia 19-06-2025 - Telexornal - Galicia | Ver
Telexornal - Galicia  Telexornal Galicia 19-06-2025

Rexurdimento inmobiliario | Festas de Vigo sen atraccións | Hemofilia B | Cela e as mulleres

19/06/2025 00:22:56
Recomendable para todos los públicos
Telexornal - Galicia - Telexornal Galicia 19-06-2025 Telexornal - Galicia - Telexornal Galicia 19-06-2025
Telexornal Galicia 19-06-2025 00:22:56 19/06/2025
Recomendable para todos los públicos Sub
Sinopsis

Salientable movemento do mercado inmobiliario en Galicia por riba da media de España cun incremento no mes de abril de case un 17% respecto ao mesmo mes do ano pasado | Dúbidas sobre a viabilidade do acordo entre Alcoa e IGNIS. Sindicatos revelan que a enerxética non ten empregados e dedícase ao cultivo de pistachos | Estrella Galicia abre a que será a maior fábrica de cervexa de España e unha das cinco máis grandes do continente europeo. ‘Hijos de Rivera’ inaugurou hoxe a primeira fase en Arteixo. As novas instalacións xeran 125 empregos, e cando estea finalizada superarán os 600 traballos directos e os dez mil indirectos | Malestar entre os feirantes de Vigo pola negativa do goberno local a validar os permisos para o uso de atraccións nas festas locais. As de Cabral, Fragoselo ou O Calvario non contaron este ano con ningunha destas construcións nas celebracións. Tampouco o farán as de Coia. O Concello di que se limita a cumprir a lei | Un paciente do hospital vigués Álvaro Cunqueiro é o primeiro de España en recibir terapia xénica para tratar a hemofilia B, a menos frecuente. O medicamento, un dos máis caros que se administra no mundo, rolda os dous millóns de euros e permite reducir a unha dose as inxeccións regulares coas que se controla a enfermidade | A Xunta comprométese a renovar o sistema de climatización da residencia de maiores DomusVi de Santiago despois de que o sindicato USO denunciara a situación de usuarios e profesionais no centro estes días soportando temperaturas superiores aos 30 graos | Arranca o europeo de baloncesto para a Selección Española. Entre as doce seleccionadas polo adestrador vigués Miguel Méndez, tres galegas: as xogadoras do Valencia Basket María Araújo e Raquel Carrera; e Paula Ginzo, que milita actualmente no Jairis | O Tribunal Supremo condena aos Franco a devolverlle ao Concello de Santiago dúas esculturas do Mestre Mateo -as imaxes de Abraham e Isaac-, que formaban parte do Pórtico da Gloria da Catedral | Como era a relación de Camilo José Cela coas mulleres? Unha mostra de Santiago aborda esta cuestión a través de documentos que reflicten o seu trato con escritoras e artistas da súa época

Ficha técnica
Géneros
Información y actualidad
Idiomas
Castellano
Accesibilidad
Subtitulado