Arrancan as rutas en catamarán na Ribeira Sacra | Aitor Martínez de Tomiño, Premio Nacional de Artesanía | A ruta das camelias, en todo esplendor.
19/03/2026 00:25:01Arranque da temporada de rutas fluviais en catamarán polos canons do Sil e o Miño, na Ribeira Sacra. Unha das zonas con maior proxección turística, e que aspira a ser declarada Patrimonio da Humanidade. Na viaxe inaugural a embarcación chegou a ser conducida pola presidenta da Deputación de LUgo |Xornada festiva en Galicia con moitos desprazamentos, os prezos do combustible volven rozar os máximos históricos. O gasoleo, que aumenta máis do dez por cento nesta semana, segue por riba da gasolina, que escala tamén case un 15 por cento | No día da Artesanía visitamos o taller de Aitor Martínez, en Tomiño. Gañador este ano do Premio Nacional, cóntanos os segredos dunha disciplina na que é considerado un auténtico xenio moderno | Chega a época ideal para recorrer a ruta das camelias. Un conxunto de Pazos axardinados con plantacións desta especie, orixinaria de extremo oriente, que atopou en Galicia o ecosistema perfecto. Antigo símbolo de luxo e poder, con centos de variedades, entre elas os exemplares vivos máis antigos de Europa. 19-03-2026
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado