O rexeitamento a Altri salta de nivel | Reorganización eclesiástica na provincia de Ourense | ‘O ouro dos Akan’ na Fundación Barrié
19/03/2025 00:12:03Alfonso Rueda di que non é viable acoller 326 menores inmigrantes en Galicia; que as nosas prazas para atender menores están "colmadas" e que o reparto ten que facerse de xeito máis programado e organizado. A oposición e organizacións acusan ao goberno galego de facer un uso político deste problema | | A batalla política por Altri chega á sesión de control ao Goberno no Congreso. O BNG avisa de que a concesión de 250 millóns de fondos públicos para o proxecto é unha liña vermella que pode condicionar a relación futura do Goberno coa súa formación. O ministro de Industria ve a declaración ambiental da Xunta 'moi condicionada', e desvincúlaa das axudas que -asegura- aínda están avaliando | | Xuntanza da mesa de seguemento de Alcoa hoxe en Madrid. Xunta e goberno central fan unha valoración positiva de cara ao futuro da planta de San Cibrao. O comité de empresa considera que a situación é semellante a cando Alcoa presentou o ERE en 2020 | Dende hoxe quedan prohibidas as queimas agrícolas e forestais para particulares pola situación meteorolóxica | "O ouro dos Akan" é a exposición que se pode contemplar ata mediados de xullo na Fundación Barrié da Coruña. 300 pezas dos artesáns e orfebres desta etnia de África occidental que utilizaban a arte como medio de expresión cando non coñecían a escritura
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado