Na Coruña, empezan as obras de recuperación do edificio da vella Fábrica de Tabacos. Nun prazo de dous anos debería estar funcionando coma nova...
19/03/2014 00:28:07Na Coruña, empezan as obras de recuperación do edificio da vella Fábrica de Tabacos. Nun prazo de dous anos debería estar funcionando coma nova sede xudicial. Albergará dependencias da Audiencia Provincial e da fiscalía. Vai custar 15 millóns de euros // Os barcos do cerco poderían sair faenar a semana que vén. Representantes do sector analizan coas autoridades pesqueiras, nunha reunión na Coruña, como redistribuir entre os armadores os cupos de xarda e xurelo, que veñen de aceptar // Fronte á costa asturiana segue a busca, agora centrada na superficie, dos dous mariñeiros do Santa Ana que continúan desaparecidos, un deles de Muros, o mecánico Manuel María Tajes. Os mergulladores puideron inspeccionar xa todalas dependencias do arrastreiro afundido, e dan por seguro que os corpos non se atopan no interior do barco. 19/03/14
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano