Catro persoas feridas nun incendio en Ferrol | O Supremo decide sobre a propiedade do Pazo de Meirás | Cita europea do Celta co Paok de Salónica
19/02/2026 00:24:31Catro persoas feridas, duas delas graves, no incendio dunha vivenda no barrio de Recemil, en Ferrol. Os afectados son un bombeiro, unha muller de 24 anos, o seu fillo de tres e un veciño que estaba no piso. Foron trasladados ao Hospital. As sospeitas apuntan a que o lume puido orixinarse nunha estufa no interior da vivenda | Espectación polo pronunciamento do Tribunal Supremo sobre a propiedade do Pazo de Meirás. As asociacións pola memoria histórica reclaman unha sentenza exemplar | As confrarías avalían os datos nos bancos marisqueiros polo exceso de auga doce debido á sucesión de temporais das últimas semanas, que lles impediron sair faenar. A consellería do mar estuda decretar solicitar, como en 2023 a declaracion de zona de emerxencia de protección civil | Cita europea do Celta, esta tarde, co Paok de Salónica, o equipo heleno, que leva un ano sen perder na casa. O partido de volta, en Balaídos, a semana que vén, declarado de alto risco. 19-02-2026
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado