O rastro do lume en dúas aldeas de Valdeorras | Máis efectivos da UME e na operación Sentinela | Quinto día sen conexión ferroviaria con Madrid
18/08/2025 00:24:20O rastro do lume. As aldeas de Fervenza e San Vicente, en Vilamartín de Valdeorras, sofren as consecuencias do gran incendio que queima a comarca. Duplicou a súa extensión en poucas horas e xa vai por 15.000 hectáreas | Os nove incendios que seguen sen control en Ourense queimaron máis de 62.000 hectáreas en menos dunha semana. Para tentar frealos, desde hoxe traballan no monte 200 efectivos máis da UME que solicitou a Xunta | A Xunta vai celebrar a próxima semana un consello extraordinario en Ourense para poñer en marcha unha primeira liña de axudas para os afectados polos incendios forestais. O presidente do Goberno tamén anunciaba que se vai axilizar o apoio ás vítimas | Quinto día sen conexión ferroviaria con Madrid. Debido á proximidade dos incendios ás vías, os trens seguen sen circular e moitos dos que tiñan previsto viaxar están buscando alternativas para chegar ao seu destino
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado