Aumenta a presión interna sobre Besteiro polo caso Tomé | Arranca a campaña da vieira máis curta | O Deportivo elimina ao Mallorca na Copa
17/12/2025 00:25:01O Secretario Xeral dos socialistas galegos, Gómez Besteiro, sometido a una presión cada vez maior polo caso Tomé. Anuncia accións legais contra o programa de televisión que o acusa de desatender ás denunciantes de acoso sexual. O alcalde de Barbadás négase a dimitir tras outra denuncia na canle interna socialista, por suposto acoso laboral | Cando queda apenas unha semana para a noiteboa, abre hoxe na Ría de Arousa a campaña da Vieira, un dos produtos máis aprezados na mesa do nadal. Unha campaña marcada pola escaseza dese marisco. e durará apenas tres días | Profesores de toda Galicia participan en Santiago nunha multitudinaria manifestación, na segunda xornada da folga do Ensino público non Universitario, convocada pola CIG e STEG. A Consellería de Educación rebaixa o seguemento ao 10 por cento | O Deportivo protagoniza outra fazaña do futbol galego na Copa ao derrotar ao Mallorca en Riazor. Un gol do canteirán NOé Carrillo vale a clasificación para oitavos de final
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado