Protesta de bombeiros forestais que quedan sen contrato | Sen tren entre Vigo e Ourense por un descarrilamento | Cen anos de La Casa de la Troya
17/11/2025 00:25:01Protesta de traballadores do servizo de extinción de incendios forestais, no día no que preto dun milleiro deles, fixos discontinuos, cesan no seu traballo. Din que pese a vaga de lumes deste verán, a Xunta segue a rexeitar as sua demanda de ampliar os contratos de oito a doce meses | O servizo ferroviario entre Vigo e Ourense segue suspendido tralo descarrilamento sufrido esta fin de semana por un tren de mercadorías a altura do concello das Neves. O accidente foi debido, segundo Adif, a un desprendemento polas fortes choivas | A Xunta anuncia a oferta de emprego público para este ano de 700 novas prazas de acceso libre e 300 de promoción interna. No Parlamento, o PP rexeita as enmendas de devolución dos Orzamentos | A película La Casa de la Troya cumpre cen anos. Dirixida por Alejando Pérez Lujín, a partir da novela que él mesmo escribíu, dez anos antes, sobre as súas propias vivencias como estudante universitario en Santiago. Un auténtico éxito internacional de taquilla no seu tempo, que hoxe é obxeto dunha homenaxe no ciclo Cineuropa
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado