A moratoria do eucalipto ampliarase ata 2030 | A Xunta terá un orzamento de 14.240 millóns en 2026 | Decretada a emerxencia cinexética do xabaril
17/10/2025 00:25:01A prohibicion de novas plantacións de eucalipto durará ata 2030. A Xunta anuncia que amplía a moratoria, en vigor dende 2021, e que remataba a finais deste ano, ainda que introduce algunhas excepcións | A Xunta aprobou hoxe o proxecto de presupostos para o ano que ven, que ascenden a 14.240 millóns de euros. Sons uns 300 millóns máis que os deste ano, dos que a principais partidas, corresponden a gasto social | Ata o 22 de febreiro do ano que vén, pódense cazar os xabarís sen límites. A Xunta acaba de declarar a emerxencia cinexética contra estes animais en 38 comarcas da comunidade. Unha medida que pretende reducir o número de exemplares e frear os danos en cultivos e os accidentes de tráfico | Inaugurada en Santiago a Quimioteca Pública Española, unha iniciativa coordinada polo Centro de Investigación de Medicina Molecular para reunir e dar unha nova vida a compostos químicos desenvolvidos en universidades e centros de investigación. Unha maneira de axudar a descubrir novos fármacos
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado