Telexornal Galicia    17-06-2025 - Telexornal - Galicia | Ver
Telexornal - Galicia  Telexornal Galicia 17-06-2025

Os Reis en Galicia | Violencia de xénero | Torre virtual de Peinador | Bandeiras negras

17/06/2025 00:25:01
Recomendable para todos los públicos
Telexornal - Galicia - Telexornal Galicia    17-06-2025 Telexornal - Galicia - Telexornal Galicia    17-06-2025
Telexornal Galicia 17-06-2025 00:25:01 17/06/2025
Recomendable para todos los públicos Sub
Sinopsis

Visita de Don Filipe e dona Letizia a Burela en apoio ao sector pesqueiro do que vive a meirande parte da poboación desta vila lucense. A visita de dúas horas incluíu un saúdo as xogadoras de fútbol sala, campioas do trofeo da Raíña | Hoxe hai en Galicia ata catro xuízos por violencia machista de extrema gravidade -por asasinato ou maltrato severo dous deles por asasinato -, mentres os presuntos autores dos acoitelamentos a dúas mulleres a fin de semana continúan á espera de pasar a disposición xudicial | Tras dous adiamentos e críticas por parte dos controladores por motivos técnicos e laborais, hoxe entrou en funcionamento a torre de control virtual do aeroporto de Peinador. Unha instalación pioneira en España que permite aos controladores traballar cunha imaxe virtual do espazo aéreo. A súa implantación será progresiva | Douscentos expositores ofrecen solucións tecnolóxicas á industria da automoción, aeroespacial ou a defensa no Mindtech de Vigo | ANPE, UGT E CCOO presentan un contencioso administrativo para esixir á Xunta o cumprimento íntegro do Acordo de melloras educativas asinado en 2023 e non descartan adoptar outras medidas | Ourense será a primeira cidade galega que recorra á plantación de árbores e a outras solucións naturais para combater os efectos do quecemento global. Os resultados desta iniciativa trasladaranse despois ao resto de concellos de máis de vinte mil habitantes | Os posibles efectos no río Ulla da macrocelulosa proxectada por Altri en Palas de Rei fai que Ecoloxistas en Acción cualifique a Ría de Arousa cunha das seis bandeiras negras de Galicia | Os Straitjacketes chegan coas súas máscaras e música instrumental a Santiago

Ficha técnica
Géneros
Información y actualidad
Idiomas
Castellano
Accesibilidad
Subtitulado