Peche de médicos en Vigo | Iniciativa para frear a caída de tráfico nos aeroportos | Polémica en Santiago polos vehículos de mobilidade compartida
17/03/2026 00:25:04Médicos pechados nun Centro de Saúde en Vigo e protestando ás portas do Hospital, en Lugo nunha nova xornada de folga indefinida. Reclaman diálogo coa consellería de Sanidade, que cifra o seguemento nun 24 por cento na asistencia hospitalaria e nun 4´7 na primaria | Representantes das distintas administracións asumen que é necesario actuar para frear o descenso do número de pasaxeiros nos aeroportos galegos. Así o puxeron de manifesto nunha xuntanza en Santiago para buscar novas rutas internacionais | Polémica ante a chegada ás cidades galegas da mobilidade compartida. O servizo de coches aparcados na rúa, disponibles para ser alugados mediante unha aplicación. En Santiago, queixas veciñáis porque poidan ocupar gratis e sen límite de tempo espazos de aparcamento regulado | Sentirse como unha persoa con patoloxías derivadas do envellecemento, á hora de facela compra. É unha experiencia inmersiva dirixida aos traballadores dun supermercado en Oroso, para mellorar a atención a usuarios con especiais dificultades
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado