Día grande do Entroido | Ríos en risco de desbordamento | Rexeitada a prohibición da pesca da anguía | As peticións desbordan o arquivo diocesano
18/02/2026 00:24:10Día grande do Entroido, con celebracións tan emblemáticas como a danza das Madamas e Galáns, en Cobres. Unha xornada festiva que inclúe tradicións recuperadas nos últimos anos como a das bonitas de Sande, en Cartelle. Os peliqueiros dominan as rúas en Laza, no triángulo máxico ourensán, esta tarde, desfile en Xinzo de Limia, e tamén en moitas localidades | Segue activo o plan Inungal con algúns ríos en risco de desbordamento, cun caudal moi superior ao habitual. Entre eles o Mandeo e o Belelle na comarca de Ferrolterra. O Goberno aproba axudas por máis de 7.000 millóns de euros para os que tiveran que ser desaloxados a consecuencia das últimas borrascas | A Xunta súmase a outras cinco comunidades en contra da prohibición da pesca da anguía, prantexada polo Ministerio para a Transición Ecolóxica | O arquivo histórico da diócese de Santiago, con documentos de máis de mil parroquias, desbordado por miles de peticións de fillos e netos de exiliados que buscan certificar a súa orixe galega para conseguir a nacionalidade, a partir da lei de memoria democrática. 17-02-2026
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado