Crime de Elisa Abruñedo | Consello da Xunta | Atrapado en Irán | Campionato de España de Traiñeiras
16/06/2025 00:25:01Comezou o xuízo do crime de Elisa Abruñedo, a muller violada e asasinada na Coruña hai 12 anos. O asasino confeso negouse a declarar. Enfróntase a 37 anos de cadea que pide a acusación particular. O veredicto está previsto para mediados da semana que vén | No caso do asasinato da muller onte na Coruña que se investiga como posible violencia de xénero había unha orde de afastamento que non se chegou comunicar | Ingresa en prisión o sexto detido pola liorta en Pontevedra con feridos de arma branca. Está considerado o principal autor | A Xunta recorrerá ao Tribunal Constitucional polo reparto de inmigrantes Menores non Acompañados actualmente acollidos en Canarias | Un ourensán atrapado en Irán polo bombardeo de Israel | Campaña especial da Garda Civil para vixiar o tráfico de embarcacións e motos acuáticas preto da costa | Publicada a convocatoria do programa "Benestar en Balnearios", que oferta estancias de 15 días en pensión completa para maiores de 60 anos, ou pensionistas de máis de 55 | Dúas medallas de ouro e unha de bronce para os clubs galegos no campionato de España de Traiñeiras, celebrado en augas de Castro Urdiales, en Cantabria | Festival de fin de curso inclusivo con música cantada coas mans pensada para persoas xordas e aberto a todos os públicos | Performances de vídeo, pezas interactivas e documentos en ‘Resignificación’, unha mostra de Concha Jerez e José Iges
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado