Gandeiros e agricultores marchan contra o Mercosur | Sen servizos mínimos na folga do transporte | Inditex pecha a primeira tenda de Zara na Coruña
16/01/2026 00:24:58Produtores de carne, leite e hortalizas, marchan, de novo, en Lugo. Piden un posicionamento máis contundente dos Eurodeputados galegos contra o acordo da UE co Mercosur. Xunta e organizacións agrarias acordan reclamar conxuntamente que non se recorten as axudas da PAC | Outra xornada de folga de condutores de autobús da provincia da Coruña. A cidade de Santiago é a máis afectada, ao quedar, tamén, sen transporte urbano. Usuarios do Aeroporto ou do Hospital Clínico critican o incumprimento dos servizos mínimos | Plan da Xunta para prevención de infeccións de transmisión sexual. Inclue medidas pioneiras como un cribado a grupos de idade de maior incidencia para a detección precoz, mediante a realización de probas no propio domicilio | O grupo Inditex Anuncia o peche da primeira tenda que Amancio Ortega abríu, na Coruña, en 1975, e que deu lugar ao xigante textil. A compañía di que o establecemento, ubicado na rúa Juan Florez, de 300 metros cadrados, non encaixa ca súa proposta comercial actual e de futuro.
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado