Primeira victoria do Celta na Liga en Balaídos | Discrepancias no PSdeG-PSOE pola xestión do caso Tomé | Piquetes na folga do trasporte de viaxeiros
15/12/2025 00:25:02Primeira vitoria do Celta da competición ligueira en Balaídos ante o Athletic de Bilbao, un rival directo co que acurta distancia na clasificación. Tres puntos que chegan no último partido do ano e que colocan aos vigueses preto dos postos europeos | Aumenta a tensión interna entre os socialistas galegos. Máis de 170 mulleres do partido, encabezadas pola alcaldesa da Coruña, Inés Rey, asinan un manifesto en apoio a sua compañeira Silvia Fraga que dimitíu como secretaria de igualdade. Unha iniciativa para amosar a discrepancia por cómo se xestionou o caso de José Tomé | Os piquetes impiden a saída dos servizos mínimos na nova xornada de Folga do Transporte de viaxeiros por estrada na Provincia da Coruña. Os convocantes falan de seguimento masivo e reclaman un novo convenio con melloras salariais e de condicións de traballo | A una semana do sorteo de Nadal da lotaría, aumentan as vendas nas administracións. Un incremento que se nota especialmente entre os visitantes e tamén nos lugares onde a sorte deixou a sua pegada en anos anteriores
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado