Cinco brigadistas feridos graves nun incendio en Barreiros | 2.640 vivendas turísticas ilegais en Galicia | Estados Unidos, país con máis peregrinos
15/09/2025 00:25:02Estabilizado o incendio en Barreiros, no norte de Lugo, no que resultaron feridos cinco membros dunha brigada heliotransportada. Permanecen ingresados no Hospital da Coruña, en estado grave. O lume obrigou a desaloxar varios veciños por precaución, e a interromper circulación en varias estradas | Os grupos da oposición piden a Rueda que escoite o clamor dos manifestantes que recorreron as rúas de Santiago en protesta pola xestión da Xunta da vaga de incendios do mes que agosto. O BNG proporá a creación dunha comisión de investigación no Parlamento | O Ministerio de Vivienda pide ás plataformas dixitais que retiren os anuncios de máis de 2.600 pisos turísticos ilegais en Galicia. Son pisos que teñen solicitado o número de rexistro obrigatorio dende o pasado 1 de xullo pero que non o obtiveron por incumprir algúns dos requisitos legais | Estados Unidos consolídase como o país que máis peregrinos achega ao Camiño de Santiago. Este ano son case 30.000, é o terceiro ano consecutivo no que lideran o ranking. Esta semana peregrinos dese país celebran un primeiro encontro sobre presente e o futuro do camiño
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado