Telexornal Galicia 15-04-2025 - Telexornal - Galicia | Ver
Telexornal - Galicia  Telexornal Galicia 15-04-2025

Estilo Galicia’, novo lema da Xunta | Veto ao palangre sen fundamento | Vigonature, vida animal

15/04/2025 00:12:04
Recomendable para todos los públicos
Telexornal - Galicia - Telexornal Galicia 15-04-2025 Telexornal - Galicia - Telexornal Galicia 15-04-2025
Telexornal Galicia 15-04-2025 00:12:04 15/04/2025
Recomendable para todos los públicos Sub
Sinopsis

'Estilo Galicia' é o novo lema da Xunta inspirado no 'Galicia calidade'. Alfonso Rueda deuno a coñecer na celebración cos conselleiros polo primeiro ano do equipo no Goberno galego. Durante ese festexo, a Xunta de Portavoces concretaba no Parlamento a data para o debate de autonomía, verdadeiro exame para o Goberno galego, segundo BNG e PSdeG. Será os días 23 e 25 de abril | Condena de 15 anos prisión a un home por agredir sexualmente da filla da súa parella de 11 anos de idade. Facíao de forma continuada baixo ameazas | | O Sergas e Segurcaixa Adeslas deberán pagar máis de medio millón de euros por unha neglixencia nunha cirurxía a un bebé | Bruxelas admite que descoñece o efecto da pesca do palangre no medioambiente, pero mantén o veto que impuxo hai dous anos e medio en 87 zonas comunitarias. Tampouco cumpre o compromiso de revisar anualmente o peche deses espazos | Primeira decisión da Xunta tras o traspaso de competencias: haberá un único procedemento para solicitar os permisos administrativos no litoral | O antigo zoo municipal de Vigo, creado hai máis de cincuenta anos, é agora Vigonature, centro de divulgación ambiental e acollida de animais acorde aos dereitos dos animais dos nosos días | Primer concerto de Joseph Keckler en España, no salón de actos do museo MARCO de Vigo

Ficha técnica
Géneros
Información y actualidad
Idiomas
Castellano
Accesibilidad
Subtitulado