Aumenta o seguemento da folga de médicos | O IPC remata 2025 cunha suba do 2´6% | Plan da Xunta para o uso responsable das tecnoloxías por menores
15/01/2026 00:24:59Aumenta o seguimento da folga de Médicos, sobre todo nos hospitais. Os convocantes elévano ata o 85 por cento. A Xunta admite que se tiveron que cancelar máis de 200 operacións. A folga coincide cun incremento do 8% na incidencia do virus respiratorio sincitial | Os prezos rematan o ano 2025 cun aumento do 2´6 por cento na nosa comunidade, tres décimas por debaixo da media do conxunto de España. Os alimentos son o grupo de produtos que máis contribuiron ao aumento da inflación | As confrarias anuncian o amarre da frota de baixura o vindeiro luns en protesta polos novos controis a bordo que esixe o regulamento aprobado en Bruxelas. Contempla ata oito comunicacións electrónicas durante o tempo de faena, o que mariñeiros e armadores consideran "imposible" de cumprir | A Xunta presenta Un plan contra o uso inadecuado das novas tecnoloxías en menores. O medio centenar de actuacións van enfocadas no eido educativo, pero tamén familiar. Conta cun orzamento de máis de 7 millóns de euros para desenvolverse ata 2030
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado