Risco de desbordamento dos ríos | Decretado o confinamento total das galiñas | Global Summit, en Vigo | A “morriña inversa” de emigrantes en Suíza
13/11/2025 00:25:02Ríos en risco de desbordamento. O Tambre ao seu paso por Pontemaceira aumentou considerablemente o caudal, logo das precipitacións caídas nas últimas horas, igual que outros como o Xallas ou o Ulla. A Xunta ten Activado o plan Inungal |O goberno decreta o confinamento de todas as galiñas, para frear a gripe aviaria. E unha medida que xa estaba en vigor para corenta concellos galegos e que se extende agora a todalas aves de corral que se crían ao aire libre. En Galicia hai contabilizadas unhas 150.000 explotacións, anque non se ten rexistrado ata agora ningún caso de contaxio | Vigo acolle o Global Summit un evento para reflexionar sobre os desafíos económicos e tecnolóxicos do mundo actual, entre os que destaca a implantación da Intelixencia Artificial | Bandeiras suízas en Carballo. E un establecemento montado por Fillos de emigrantes. Agora reciben a moitos galegos que emigraron cando era novos e botan de menos o país de acollida, un fenómeno coñecido como a morriña inversa
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado