Foro Noroeste, con Galicia, Asturias e Castela e León | Plan da Xunta para responder aos apagamentos | Vivendas turísticas | Novo verme do mexillón
13/05/2025 00:24:59Os intereses comúns de Galicia, Asturias e Castela e León enriba da mesa. Os tres presidentes autonómicos manteñen un encontro en Santiago nun foro organizado por Prensa Ibérica e Abanca | Dúas semanas despois do apagamento que nos deixou sen luz nin comunicacións en España e Portugal, coñecemos o plan da Xunta para mellorar a capacidade de resposta ante unha situación así | O Ministerio de Consumo envía á Xunta o mapa das vivendas de uso turístico irregulares na nosa comunidade. Son preto de 10.000, a metade das ofertadas | En Ribadeo, na costa de Lugo, foi detectado un verme depredador do mexillón. Trátase dunha especie orixinaria de Nova Zelandia que pode poñer en risco a produción de moluscos se se converte en invasora | O Arquivo Histórico Diocesano de Santiago dixitaliza 35 mil negativos das fotos que tirou o cura e profesor Salvador Ares Espada nas súas visitas polas parroquias de Compostela. Son dos anos 70 do século pasado e reflicten a sociedade laica e relixiosa da época
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado